Viveiro, 10 de maio de 2021. O Concello de Viveiro informa que no Boletín Oficial da Provincia de Lugo de hoxe se publican as Bases Reguladoras polas que se establecen as normas que regulan o proceso selectivo como persoal temporal por vacante de axente encargado/a de Aparcamientos A Mariña SL (Centro Especial de Emprego de Galicia 47-GZ) e ata que se proceda a cobertura da praza a través dos correspondentes procesos selectivos.
O prazo de presentación das solicitudes será de 10 días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP.
A presentación de solicitudes farase no Rexistro Xeral do Concello de Viveiro en horario presencial de nove a catorce horas de luns a venres (dada a situación na que nos atopamos pola crise sanitaria do COVID 19, previamente solicitarase cita chamando ao teléfono 982560128), ou mediante rexistro telemático as 24 horas.
As solicitudes tamén poderán presentarse en calquera dos rexistros que menciona do artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro. Se a solicitude se presentase nas oficinas de Correos, farase de acordo co artigo 31 do Real Decreto 1829/1999, de 3 de decembro, que aproba o regulamento de prestación dos servizos postais.
Se a solicitude non se presenta no Rexistro do Concello de Viveiro, deberase poñer en coñecemento da entidade mediante Fax (982 561 147) ou mediante correo electrónico (concellal.facenda@viveiro.es) antes de finalizar o prazo de solicitude.