Site icon Crónica3.com A Mariña

Por Viveiro pide que se melloren os accesos á praia de Area e que se repoñan as árbores plantadas na contorna de Praza de Abastos

Viveiro, 28 de maio, 2021. Fai uns días o Concello de Viveiro informou a veciñanza da concesión para o ano 2021 do distintivo da Bandeira Azul para a praia de Area, un dos criterios básicos para a concesión e que a praia dispoña de accesos en condicións óptimas. A piques de rematar o mes de maio, un dos accesos mais utilizados, o situado nas inmediacións do bar Flora, presenta grandes deficiencias. Rogamos o equipo de goberno o arranxo do devandito acceso antes do comenzo da tempada de verán.

Por outra banda, das sete arbores que no seu día se plantaron na beirarrúa da fachada da Praza de Abastos que da a avenida de Benito Galcerán, a día de hoxe unicamente se contan catro. Rogamos o equipo de goberno a reposición das tres arbores que faltan.

Xa por último, no campo da festa de Xunqueira, entre o camiño e o regato, o derrubamento do firme ocasiona a inclinación con risco de caída dun farol de iluminación, con evidente risco para a seguridade das persoas que transitan por esta zona. Rogamos ao equipo de Goberno que faga as xestións necesarias para subsanar esta situación.

Exit mobile version