A música tamén foi protagonista na xornada deste domingo, na praza do Concello onde actuaron a Banda de Música de Foz e a Banda de Gaitas de Dambara. Moitas foron as persoas que, sentadas e seguindo todos os protocolos covid, puideron disfrutar desta cita. O programa das patronais 2021, nun formato adaptado á situación sanitaria actual, arrincaron o sábado co pregón pronunciado por Basilio Otero, presidente da confraría de pescadores de Burela e da federación nacional de confrarías e co concerto de Nostálgica.
