Os nenos e nenas, entre 3 e 12 anos, que desexen pasar as mañás máis divertidas nos meses de xullo e agosto, xa poden facer a súa preinscrición.
Deberemos continuar con precaución e seguir as recomendacións das autoridades sanitarias, con limitacións de aforos, dalgunhas actividades,… como o fixemos na edición 2020. Pero xa sabemos que non serán impedimento para pasalo en grande.
A preinscrición pode realizarse por quendas e o prazo estará aberto ata o vindeiro 8 de xuño.
Terán prioridade aqueles nenos/as cuxos proxenitores traballen, así como familias monoparentais ou monomarentais na mesma situación e os/as menores empadroados/as no Concello de Foz.
Como no ano 2020 as actividades desenvolveranse en dúas ubicacións e seguirase un protocolo de prevención de contaxio da Covid19 exhaustivo, como o realizado na edición de 2020, e ao que as nenas e nenos se adaptaron de forma moi rápida.
As olimpiadas, os inchables acuáticos, karaokes, contacontos, xogos tradicionais e de expresión corporal,… formarán parte deste programa para que cada mañá sexa diferente e divertida.