Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP demanda da Deputación un plan industrial para o rural, que recolla os compromisos adquiridos por Suplusa para crear polígonos, como no caso de Riotorto

Lugo, 20 de maio de 2021. De maneira inexplicable, o goberno provincial demostrou ata agora unha total falta de sensibilidade para asumir os compromisos establecidos pola extinta sociedade Suplusa con concellos de Lugo para a creación de solo industrial. O PP non logrou convencer ata agora ao bigoberno da Deputación para impulsar un plan industrial para o rural lucense. Dende Riotorto, hoxe, o portavoz popular, Javier Castiñeira, “anuncia que o PP presentou unha moción para que sexa debatida no próximo pleno, para instar ao goberno provincial a que deseñe un plan industrial para o rural lucense”.

Explica Castiñeira: “Dicímolo dende Riotorto porque é un dos concellos que ten feito o seu traballo. Aproveitando que a Deputación herdou o patrimonio de Suplusa, é o momento de levar a cabo este polígono; este é o momento da reactivación económica, é o momento de executar este proxecto”.

Os populares lembran que “non fomos capaces de convencer ao equipo de goberno para que seguira con eses máis de 30 convenios que tiña firmados Suplusa para desenvolver solo industrial; non logramos ese compromiso”. Sinalan: “Agora que todos os medios e recursos que eran de Suplusa pasaron directamente á Deputación instamos ao goberno provincial, aproveitando a recuperación, a crear un plan industrial serio; queremos que se comprometa a seguir con todas eses convenios”.

Castiñeira di: “Riotorto é un deses concellos nos que podería ser inmediata a construción dun polígono. Só é cuestión de vontade, algo que ata agora non tivo o goberno provincial; sería moi boa noticia que cambiara de opinión e puxera fondos para crear o polígono industrial de Riotorto”.

Facemos esta proposta de maneira positiva e intentando convencer ao goberno da Deputación de que a forma de reactivar a economía da provincia é con accións directas, da man do noso tecido económico, dos nosos emprendedores e de numerosas pemes e autónomos que queren seguir traballando na nosa provincia e para elo deben ter oportunidades, como son as que quere o PP creando este plan industrial para o rural”.

Exit mobile version