Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Lugo recorda que o goberno da Deputación e o PSOE levan anos criticando o modelo de residencias da Xunta de Galicia

Lugo, a 23 de maio de 2021. O PP de Lugo recorda que o goberno da Deputación e o PSOE levan anos criticando o modelo de residencias da Xunta de Galicia.

Os populares fano tras coñecer a intención do goberno provincial de reclamarlle á Xunta que inclúa os centros de atención a maiores da institución provincial na rede pública autonómica de residencias, “polo que nos mostramos sorprendidos xa que o PSOE desde fai anos leva criticando este modelo e dicindo que o da Deputación é mellor”, manifestan desde o Partido Popular.

Ante á proposta de solicitude da Deputación de Lugo á administración autonómica para que asuma o financiamento dos centros de maiores do organismo provincial, o PP aclara que o goberno autonómico xa colabora coas residencias de maiores da Deputación coas libranzas vinculadas.

“Estamos nun momento de sumar nos servizos sociais, de agradecer o esforzo dos profesionais e deixarse de politizar coas persoas ás que máis lles debemos, que son os nosos maiores”, finalizan os populares.

Exit mobile version