Foz, 7 de maio de 2021. A sesión plenaria celebrada pola corporación de Foz na tarde do xoves, presidida polo socialista Fran Cajoto, puxo de novo de manifesto a incoherencia de socialistas e nacionalistas, así como a súa escasa sensibilidade cos problemas dos veciños e as necesidades do municipio. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “Resulta totalmente incomprensible e incoherente o voto en contra de PSOE e BNG no pleno de Foz á petición do grupo popular para que o goberno municipal deseñara e aplicara un plan municipal de emprego, para dinamizar a economía e para dar mellores servizos durante o próximo verán”.
Castiñeira explica: “Con este plan proposto polo PP, rexeitado por socialistas e nacionalistas, pretendiamos tamén que o Concello de Foz realizase os orzamentos o antes posible e que neles tivese presencia importante o plan de emprego, para prestar un bo servizo no verán e dar oportunidades á xente que necesita traballar”. Engade: “Este é un ano extraordinario, un ano de crise no que o Concello de Foz non estivo na recuperación dos hostaleiros, das pequenas e medianas empresas; un dos poucos concellos que non estableceu axudas directas para a reactivación, seguindo a liña da Deputación de Lugo”.
Para o portavoz popular, “é incomprensible, porque cando PSOE e BNG estaban na oposición todos os anos pedían un plan de emprego; daquela o goberno si atendía esa petición e constituía unha comisión para elaborar os orzamentos e para deseñar o plan de emprego necesario para dar servizo a tanta xente durante estes meses”.
Castiñeira declara: “É unha pena que o bipartito pase o rodillo. Agradecemos o apoio de Foz Plataforma de Futuro, que entende necesario este plan de emprego. É lamentable a inacción absoluta do goberno, un goberno impasible ante a crise económica que está vivindo Foz, que xa mostrou a súa falta de sensibilidade cos hostaleiros e que agora o fai con aqueles persoas que necesitan un traballo. Decepción e pena polas incoherencia daqueles que fan unha cousa cando están na oposición e a contraria cando gobernan”.