Tras acadar este novo título provincial automaticamente Martín Martínez ten o pase para poder disputar a final autonómica desta especialidade, que se celebrará o vindeiro 12 de xuño en Santa Comba, na provincia da Coruña.
Martín, séntese moi orgulloso de acadar novamente este campionato provincial. “Ningunha competición é sinxela, e aínda que xa gañei varias veces este campionato, cada un deles supón un novo reto para min. Síntome moi orgulloso do traballo que diariamente realizo cos meus cans, paseos, adestramentos e a alimentación, todo é importante para que estean a punto e consigamos pouco a pouco os nosos obxectivos. Dentro duns días disputarei a final autonómica, e só penso en desfrutar e acadar un bo resultado. Pero sobre todo de levar o nome da miña parroquia natal, Lindín, por todos os recunchos de Galicia, alí está a clave do meus pequenos éxitos”, explica.