Santiago, 14 de maio de 2021. O deputado popular Daniel Vega destacou hoxe na súa intervención na Comisión 7ª do Parlamento os máis de 9 millóns de euros de axudas da Xunta ao sector da carne de vacún específicas para paliar as consecuencias derivadas da pandemia da Covid-19. Ademais, engadíu, as específicas de préstamos ao sector do viño, con 6M€ ou ao sector de plantas ornamentais con 3M€.
O deputado popular sinalou a situación complexa que está a vivir o sector cárnico, con prezos baixos, polo que incidiu nun plan estratéxico “que xa defendín eu mesmo nesta Comisión” e lamentou que o BNG non permitira votar por puntos a súa iniciativa, impedindo ao Grupo Popular apoiar o segundo punto referido a este plan.
Daniel Vega resaltou o compromiso da Xunta con accións para paliar as graves consecuencias da pandemia no sector. Así nomeou a creación de Mercaproximidade, con máis de 200 produtores que abranguen 650 produtos distintos e que apoiou a 400 pequenos produtores, “aqueles que son os que o peor o pasan”. Tamén sinalou o Superfeirón, que permitiu posicionar estratéxicamente os produtos galegos nas áreas comerciais ou a compra directa da consellería á pequenos produtores por un importe de 400.000 euros.
Así mesmo, o deputado popular, resaltou os convenios da consellería de Medio Rural co Parlamento de Galicia por importe de 130.000 euros para cesión de alimentos a comedores sociais e bancos de alimentos ou ca vicepresidencia primeira para prover de menús de Nadal 2020 por importe de 65.000€.
“Poucas comunidades teñen axudas directas aos gandeiros semellantes as de Galicia con 24M€ aos plans de mellora a explotacións gandeiras , os 14M€ a incorporación dos mozos ao rural e 3M€ ás pequenas explotacións” indicou Daniel Vega.
O deputado popular tamén resaltou o Plan de Pastoreo de Galicia, cunha primeira fase que supuxo un investimento de 2,3 millóns de euros e lamentou que o BNG non apoiara o proxecto de lei de recuperación e posta en valor da terra de Galicia “xa que permite reactivar o terreo e ofrecer aos gandeiros máis territorio, máis base territorial para o pastoreo que suporía un impulso ao sector”.