Burela, 17 de maio de 2021. O Concello homenaxeará ao Pescados Rubén Burela tras proclamarse campión da Copa Galicia o pasado sábado.
O alcalde, Alfredo Llano, anunciou que “queremos que o noso equipo de fútbol sala feminino, que tantos éxitos está a conseguir, asine no libro de honra do Concello de Burela. Dese xeito renderémoslles homenaxe. É tal a importancia do que están a lograr tanto no ámbito deportivo como nos valores que están a transmitir, que consideramos que a mellor maneira de recoñecelo é con ese acto de sinatura, cuxa data está por determinar”.
Alfredo Llano e a concelleira de Muller e Igualdade, Noelia Mª Ben, acompañaron ao equipo o pasado sábado en Narón, data na que se enfrontaron ao Ourense Envialia na final da XIV Copa Galicia.