Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro traslada a súa felicitación e agradecemento aos docentes e ao alumnado do CEP Lois Tobío pola súa implicación en difundir e dar a coñecer o Camiño do Mar

O centro realizou carteis, trípticos e pegatinas, coas que contribúen á promoción desta ruta xacobea. O material será empregado nalgunhas das actividades que o goberno local organice co gallo da promoción da ruta. Esta iniciativa do CEP Lois Tobío súmase ao traballo que desenvolve o Concello de Viveiro a prol de lograr a oficialización do Camiño do Mar. Dende o goberno local recordan que acadar o recoñecemento oficial deste camiño a Compostela suporía un importante impulso para Viveiro e toda a comarca.

Exit mobile version