A iniciativa estaba organizada por Ecoembes e a Xunta de Galicia, co obxectivo de mellorar a reciclaxe no colector amarelo e sensibilizar á cidadanía sobre a importancia de facelo correctamente. Durante tres meses, os concellos participantes debían asumir o reto de mellorar a súa achega de envases lixeiros ao contedor amarelo, como latas, briks e enases de plástico.
Viveiro conseguiu superar o 10% de mellora esixida respecto ao ano anterior, por iso foille concedido o premio para destinar a unha causa social local, escollendo no seu caso Aspanane.
Dende o goberno local agradécese o traballo da técnica municipal de medioambiente, Mª Antonia Prieto González, quen estivo presente na entrega do premio, xa que a súa dedicación e empeño nestes meses permitiron a consecución deste recoñecemento para o municipio.