Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro moi satisfeito pola concesión, un ano máis, da bandeira azul á praia de Area

A praia de Area ten unha lonxitude de 1.200 m de area branca e de oleaxe tranquilo, con forma rectilínea e un conxunto dunar de grande interese paisaxístico. “O turismo de natureza e praia será un piar fundamental este ano, no que xa vemos a luz ao final do túnel desta pandemia, polo que desde o Concello estamos moi satisfeitos pola bandeira azul para Area”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

Exit mobile version