A medida afecta ás parcelas existentes no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa, é decir, na franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, así como ao redor de edificacións e vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras, parques e instalacións industriais e construcións illadas en solo rústico.
Nesta obriga inclúese a retirada de especies arbóreas, na devandita franxa de 50 metros, onde non poderá haber piñeiros, eucaliptos nin acacias. Os propietarios deberán proceder a xestionar a biomasa vexetal antes do remate do mes de maio do ano en curso, é dicir, a executar os traballos comunmente coñecidos como labores de “tala e roza”.
Malia que o propietario é o responsable primeiro de xestionar a biomasa nos seus terreos no periodo voluntario, o Concello de Viveiro, na súa obriga de vixiar e impoñer o cumprimento forzoso, tramita anualmente entorno a un centenar de expedientes por incumprimento destas orbgiacións. Aproximadamente 30 casos rematan coa execución subsidiaria por parte do Concello de Viveiro por ter “propietarios descoñecidos”.
A superficie de leiras xestionadas polo Concello de Viveiro, ben pola execución subsidiaria ou ben executadas polos propietarios tras o requerimiento preceptivo, supuxeron en 2020 113.960m², supoñendo un incremento sobre os 96.058 m² do ano anterior.
Para aqueles vecinos/as que teñan dúbidas sobre se as súas parcelas se atopan incluidas nestas faixas, poderán consultar dita información nas dependencias municipais, do departamento de Urbanismo e na páxina web do Concello: https://viveiro.sedelectronica.es/transparency/, no apartado 7.2, onde consta o Plan Municipal de Incendios de Viveiro.
Unha vez remate o mes de maio, procederase á comprobación da execución dos traballos por parte do Servizo de Vixilancia Urbanística e Medio Ambiente do Concello de Viveiro. No caso das persoas que incumpran a súa obriga, o Concello de Viveiro procederá a facer a comunicación legalmente establecida, concedéndolle para executar as obrigas de xeito voluntario un prazo máximo de 15 días naturais, a partir da recepción da comunicación.
De persistir o incumprimento unha vez esgotado o prazo, procederase á execución subsidiaria dos traballos por parte do Concello de Viveiro, repercutindo no propietario/a os custes da intervención. Ademais, o goberno local recorda que nestes casos nos que as obrigas non sexan atendidas polos propietarios/as en prazo, a lei correspondente prevé sancións de ata 1.001 euros, puidendo chegar ata os 100.000 euros en supostos de gravidade. A isto súmase unha posible responsabilidade civil ou penal dos propietarios incumplidores en caso de danos.