Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello da Pontenova entrega 2.000 mascarillas aos estudantes do IES Enrique Muruais

A Pontenova, 7 de maio de 2021. O Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, entregou hoxe ás representantes da AMPA IES. Enrique Muruais, 2.000 mascarillas para que ser repartidas entre os máis de 100 alumnos e alumnas deste centro educativo.

Campos Conde explicou que “a través desta nova entrega de material queremos seguir contribuíndo en dotar ás familias da Pontenova de mascarrilas, como tamén fixemos noutros centros, para alivialas na medida do posible nun sobrecusto económico nas súas cargas familiares”.

O Alcalde tamén enviou unha mensaxe a todas a veciñanza. “Temos que seguir cumprindo as normas sanitarias, e seguir tomando precaucións. A normalidade parece que esta cerca, pero mentres temos que seguir protexéndonos e coidándonos”.

Agradecemento á veciñanza
“Tamén quero aproveitar para darvos as gracias a todas a veciñanza ao longo desta pandemia, sodes un pobo exemplar do que me sinto moi orgulloso. E quero que saibades que dende o Concello da Pontenova vamos a seguir traballando para saír adiante desta situación tan excepcional, entre todos temos que conseguilo”, dixo Campos Conde.

Exit mobile version