O sector mais vixiado de Europa
A actividade pesqueira da baixura, así como a marisqueira, é o sector da pesca mais vixiado e controlado de toda Europa pois está suxeito a cotas máximas de capturas, puntos de control e vixilancia dos bancos marisqueiros, que están delimitados por especie e son sometidos a controis científicos, polo que é un sector que xa conta con medidas de supervisión, inspección e vixilancia que garanten a súa sostibilidade.
Por este motivo o Bloque coincide coas confrarías galegas ao considerar que aumentar os controis é innecesario e defende que Galiza debe exercer as súas competencias sen o control doutras administracións. Neste sentido, Daniel Castro apuntou tamén que “o BNG leva meses manifestando a súa oposición á obrigatoriedade de que todas as embarcacións de mais de catro metros teñan que estar xeolocalizadas e con cámaras a bordo para controlar a obriga do desembarque das capturas”
PP e Psoe deben correxir a súa postura
Desde o BNG afírm ase tamén que hai tempo para correxir todo o descoñecemento que desde hai décadas vén demostrando a UE sobre a baixura galega, e nese sentido Ana Miranda manifestou tamén que nas negociacións entre o Parlamento Europeo, a Comisión Europea e o Consello Europeo é donde PP e PSOE poden e deben corerxir a a súa postura, pois cando tiveron ocasión non defenderon ao sector, votando a favor do regulamento.