Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG exixe ao Concello a actuar nas edificacións abandoadas en Suasbarras (Covas)

Viveiro, 1 de maio, 2021. Coa maior urxencia posíbel, rogamos se solucionen as molestias que ocasionan á veciñanza as edificacións abandoadas e abertas á vía pública en Suasbarras (Covas), máxime cando se teñen identificadas ás persoas propietarias destas edificacións.

Solicitamos pois, que a Alcaldía requira xs propietarixs para que pechen a súas propiedades e reparen as fachadas. De non se cumprir este requerimento, propomos que o Concello se faga cargo destas intervencións e lles pase aos propietarios o cargo correspondente.

Exit mobile version