Habilitar unha zona para autocaravanas require pouco investimento sendo o único necesario un grifo onde coller auga potábel e un lugar onde baleirar as augas grises e negras. Para que for máis completa, aínda que prescindíbel, seria ben algunha toma eléctrica.
Polo anteriormente exposto, no BNG Viveiro presentamos esta moción para o vindeiro pleno cos seguintes puntos:
1. Crear unha área de autocaravanas na finalización do paseo fluvial do Landro en Portochao, Galdo. Unha zona pouco aproveitada que xa conta con todos os requerimentos para unha estancia tranquila, agradábel e sen complicacións tanto para visitantes como para veciñanza, tamén polo pouco investimento que precisaría ao contar xa cun aparcadoiro acondicionado, auga potábel e lixo.
2. Realizar programas de promoción e difusión desta área en portais dixitais, feiras e guías turísticas de autocaravanas do país, así como tamén estatais e europeas.