Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro denuncia a deterioración dos paneis no xardín arqueolóxico do Valado

Viveiro, 27 de maio, 2021. Dos 6 paneis informativos existentes no xardín arqueolóxico do Valado, 4 non conservan texto algún xa que os vinilos desapareceron e os 2 restantes están moi deteriorados polo paso do tempo e a acción do sol. O mesmo pasa con varios dos paneis informativos existentes en varios puntos do Concello, pois nalgúns a información que contiñan xa non existe.

Rogamos que a Alcaldía dispoña que os servizos técnicos correspondentes revisen todos os paneis informativos existentes nas zonas de interese turístico do Concello e se reparen todos aqueles que o precisen e no caso do xardín arqueolóxico do Valado se solucione esta situación, pois non é lóxico que esta zona do lenzo da muralla non conte con ningún tipo de información.

Exit mobile version