Escolleu moi ben as palabras dicindo “Concello” sen mencionarse a si mesma, xa que desde o BNG temos constancia de que a alcaldesa fora xa informada, verazmente, no pasado mes de novembro da situación insostible que laboralmente, por falta de recursos persoais e materias e mesmo polas carencias das instalacións, se estaba dando no Matadoiro. Sendo dende hai seis meses coñecedora do que viña acontecendo no mesmo.
“María Loureiro, como principal reprensentante do concello e tendo en conta que o servizo do matadoiro é un servizo municipal que está subcontratado, ten a obriga de velar polo cumplimento das cláusulas da concesión e atender as peticións que lle son trasladadas” afirmou Míriam, “en todo este tempo non se preocuparon por saber nen coñecer de primeira man como se estaba desenvolvendo a xestión por parte da concesionaria.”
No BNG denuncian que a alcaldesa e o seu equipo de goberno, están gobernando de espaldas ao pobo, sen diálogo social, e así de claro llo recordan xs veciñxs en prensa xa cansados desta situación: “o primeiro que tiña que facer o concello era falar cos carniceirxs”. Deixou caer un servizo que podería xerar postos de traballo e cubrir as necesidades do sector gandeiro do noso concello e arredores.
Desde o BNG consideramos que o Concello de Viveiro debera facer todo o posible por manter este servizo en funcionamento e condicións óptimas cunha xestión pública municipal, xerando postos de traballo na RPT por creación dun novo servizo, así como comprometerse a reservar unha partida que permita renovar as instalacións municipais e promover así o seu funcionamento e modernización.