Na súa intervención, a deputada salientou que Unión Europea “lexisla sen coñecer a realidade da flota galega e concretamente as características singulares do sector marisqueiro”. Neste sentido, afirmou que actividade marisqueira “xa está regulada” e non precisa máis medidas de control por parte doutras administracións. A deputada anunciou que o vindeiro día 14 o sector marisqueiro participará nun paro da actividade para reivindicar a súa exclusión do nova normativa europea de control.
Ademais, dixo o sector da pesca artesanal está suxeita a cotas máximas de capturas, puntos de control e vixilancia dos bancos marisqueiros. Os bancos marisqueiros están delimitados por especie e son sometidos a controis científicos, polo tanto, é un sector que conta con medidas de “supervisión, inspección e vixilancia que garanten a súa sostibilidade e non precisa incrementar os controis”.
As propias confrarías, engadiu a parlamentaria do BNG, manifestaron o seu desacordo ante un novo Regulamento de control europeo que cualifican de “absurdo” e critican que a UE non impulse máis axudas pero incremente controis innecesarios. A actividade do marisqueiro está dentro das actividades artesanais, explicou Rosana Pérez e conta con máis de catro mil barcos en Galiza con actividade dentro das rías e sen dispositivos eléctricos ademais do marisqueo a pe. Nesta liña, instou á Xunta a exercer as súas competencias nesta materia, concluíu.