Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova xornada de voluntariado de recollida de lixo Coida Cervo na contorna da Ponte Medieval do Bao, en San Cibrao

Cervo, 20 de maio, 2021. Trátase dunha iniciativa promovida polo Concello de Cervo, que arrincou o pasado mes de setembro, e que se desenvolve como mínimo dúas veces ao mes (sempre que a normativa sanitaria vixente o permita) cuxo eixo principal son as xornadas de voluntariado de recollida de lixo, pero tamén se programarán charlas, coloquios, actividades prácticas, saídas de campo e campañas para incentivar a reciclaxe selectiva; entre outras.

Esta campaña –recordan- nace co obxectivo de poñer en valor as boas prácticas individuais no noso día a día no coidado e protección da contorna.

Coida Cervo tamén pretende ser unha ferramenta de reflexión –tal e como subliñan- “coa que censurar certos comportamentos incívicos que se producen con frecuencia nas nosas vilas que prexudican a toda a veciñanza e son un atentado contra o noso patrimonio natural”.

Exit mobile version