Cervo, 20 de maio, 2021. Trátase dunha iniciativa promovida polo Concello de Cervo, que arrincou o pasado mes de setembro, e que se desenvolve como mínimo dúas veces ao mes (sempre que a normativa sanitaria vixente o permita) cuxo eixo principal son as xornadas de voluntariado de recollida de lixo, pero tamén se programarán charlas, coloquios, actividades prácticas, saídas de campo e campañas para incentivar a reciclaxe selectiva; entre outras.
Esta campaña –recordan- nace co obxectivo de poñer en valor as boas prácticas individuais no noso día a día no coidado e protección da contorna.
Coida Cervo tamén pretende ser unha ferramenta de reflexión –tal e como subliñan- “coa que censurar certos comportamentos incívicos que se producen con frecuencia nas nosas vilas que prexudican a toda a veciñanza e son un atentado contra o noso patrimonio natural”.