A Mariña, sábado 1 de maio 2021. Dentro das visitas e encontros que o deputado no Congreso Néstor Rego mantivo esta semana con diferentes sectores económicos da comarca, destaca a xuntanza cos armadores afectados pola prohibición da venta do marraxo capturado legalmente, ao abeiro das directrices e normativas pesqueiras vixentes, o chamado marraxo dientuso. Nesta xuntanza na que participaron tamén o deputado Daniel Castro, a responsable comarcal Ana Ermida e representantes do Bng en Burela, os afectados por esta inxusta medida manifestaron o quebranto económico que a mesma lles está a provocar, ao non poder comercializar centos de toneladas de marraxo que almacenan en cámaras frigoríficas, co correspondente gasto que eso conleva tamén.
Desde o mes de setembro do pasado ano, Néstor Rego vén facendo un seguimento contínuo desta situación no Congreso, interpelando, preguntando e presentando proposicións non de lei nas que instou ao Goberno do Estado a autorizar urxentemente a comercialización de todas as toneladas de marraxo dientuso que hai almacenadas en cámaras.
Graves problemas económicos para o sector
Para o Bng todo esto fai perigar a viabilidade económica colocando a moitos armadores nunha situación límite. Néstor Rego destacou tamén que os buques palangreiros galegos e mariñaos “sométense a estrictos controis e colaboran coa comunidade científica, contando con observadores a bordo e cumprindo estrictamente coa normativa vixente en canto ao rexistro das capturas e a posterior transmisión electrónica dos datos da actividade pesqueira mediante o diario electrónico de a bordo” tal como aseguraron tamén os armadores prsentes na reunión. “Todo esto fai ainda mais incomprensible a medida adoptada polo goberno”, concluíu Rego.