Site icon Crónica3.com A Mariña

Lourenzá pide para Francisco Fernández del Riego o Día das Letras Galegas do 2022

Lourenzá, 27 de maio de 2021. Os tres grupos políticos que conforman a corporación municipal de Lourenzá (PSOE, PP e BNG) presentan ao pleno que se celebrará o vindeiro luns, 31 de maio, unha moción conxunta na que lle solicitan á Real Academia Galega que o Día das Letras Galegas do próximo ano se lle dedique ao escritor laurentino Francisco Fernández del Riego. Ao mesmo tempo dirixiranse aos demais concellos da Mariña, á Deputación Provincial, ao Concello de Vigo e á Fundación Penzol para que apoien esta iniciativa.

Francisco Fernández del Riego naceu en Lourenzá en 1913 e morreu en Vigo en 2010. Foi un escritor que desenvolveu un gran traballo a favor da cultura galega, un dos principais artífices da editorial Galaxia e director, xunto a Ramón Piñeiro, da revista Grial nos seus primeiros cen números. Como ensaísta e narrador foi autor dunha extensa obra.

Exit mobile version