Como introdución ao Congreso, celebráronse tres Catas …E para comer, Lugo no Camiño en Portomarín, Quiroga e hoxe en Lourenzá.
Esta última sesión foi impartida de 16:30 a 19:00 horas por Juanjo Figueroa, titor do Curso Superior de Sumiller Profesional do Instituto Galego do Viño, nivel 3 da Wine & Spirit Education Trust (WSET) e representante de Galicia no Campionato de España de Sumilleres ata en cinco ocasións.
CONGRESO
O prazo de inscricións para asistir ao II Congreso Gastronómico e Cultural …E para comer, Lugo no Camiño está aberto.
Aqueles que queiran participar nesta iniciativa, cuxas prazas son limitadas para cubrir coas limitacións de aforo, deben inscribirse a través do teléfono da Apehl 982 22 69 12 ou desde a web apehl.org.