Site icon Crónica3.com A Mariña

Elena Candia pon en valor “a gran valía” dos predecesores da dirección provincial e “o gran apoio” que aportan ao Partido

Lugo, 31 de maio de 2021. A presidenta provincial, Elena Candia, pon en valor “a gran valía” dos predecesores da dirección provincial e “o gran apoio” que aportan ao Partido. Con estas palabras, a dirixente dos populares lucenses, acompañada do secretario xeral, Carlos Armesto, recoñeceu o “excelente traballo” desenvolvido polos ex presidentes e os ex secretario xerais que os antecederon no cargo, xa que “sen eles a unidade que hoxe temos tampouco sería posible”.

Deste xeito, Candia agradeceulles persoalmente a súa colaboración “constante” e que tamén será necesaria nos procesos congresuais que se aveciñan. Referiuse así tanto ao autonómico, fixado xa para o mes de xullo, como para os provinciais e locais. “Son procedementos marcados polos nosos estatutos e que temos que afrontar coa serenidade que nos caracteriza e, sobre todo, pensando en dar continuidade á unión e á suma de todas as sensibilidades. Xuntos somos máis fortes, e esta fortaleza é a que nos fai grande como Partido para chegar a aumentar a nosa representación nos Concellos, na Deputación, na Xunta e no Goberno”. Ademais, apuntou a presidenta, “creo que así llelo debemos as veciños desta provincia”.

Esta xornada de traballo enmárcase dentro da rolda de contactos que está a levar a cabo a presidenta con distintos cargos orgánicos e axentes socioeconómicos da provincia, co fin de escoitar as súas propostas e darlles unha resposta “dende a responsabilidade que se nos encomenda e encomende no futuro”.

“Estamos para servir aos lucenses e a esta provincia. Dende os traballadores da sede ata calquera orgánico dos que representamos non podemos perder de vista que a quen nos debemos e aos novos veciños e veciñas”. Por iso, e recoñecendo que dirixir o Partido é unha tarefa “apaixonante”, a presidenta e o secretario xeral quixeron manter esta reunión de traballo cos seus predecesores nos respectivos cargos.

Traxectoria dos antecesores
José Luis Iravedra foi presidente dende 1999 ao 2022 e José Manuel Barreiro dende 2002 ata 2016. Luis Abades, secretario dende 1989 ata 2001; José Manuel Balseiro, dende 2007 ao 2016; e Ana Chao dende 2002 a 2007. Cabe destacar que, previamente acupar a presidencia do Partido, Barreiro tamén foi secretario dende 1999 ao 2002. A dirección actual, formada por Elena Candia e Carlos Armesto, desempeña estes cargos dende 2016 ata a actualidade.

Exit mobile version