O portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, sinala: “Vemos moi positivas algunhas das medidas impulsadas pola Deputación de Lugo, co presunto obxectivo de dinamizar a economía da provincia. Pero, como vimos denunciando, son absolutamente insuficientes. Nada que ver cos 7 millóns de euros dos que nada sabemos do plan Impulsa. Por un lado, porque faltan as axudas directas que vimos solicitando dende hai case un ano, que serían as máis importantes para reactivar o tecido económico da nosa provincia, algúns dos sectores que están en moi mal momento. Por outro lado, accións como os bonos Impulsa, que é unha acción que vemos moi interesante, copiada da iniciativa da Xunta, está dotada cunha cantidade moi escasa, moi pequena; a Deputación apenas inviste no comercio de proximidade 500.000 euros en bonos, nada que ver cos 10 millóns de euros da Xunta para Galicia”.
Para o PP, “outro programa interesante é o Coñece a túa Provincia, que é unha copia reeditada do KM0, no que neste caso a Deputación so inviste neste ano 106.000 euros, dos cales 18.000 son para regalos institucionais”. Castiñeira sinala: “É unha auténtica tomadura de pelo. Por iso, o PP non pode estar satisfeito con este inexistente ou engordado Plan Impulsa; vemos que para a economía da provincia se usan moi poucos cartos e se da moita propaganda, pero en cambio para outras cousas interesantes para o goberno como é o toma política as axudas a un sindicato, en concreto, a UGT, con 20.000 euros, se fai con moi pouca propaganda, pola porta de atrás, pero si se dan cantidades importantes, que xeran un grave agravio comparativo e malestar con outras forzas sindicais. Esas son as desproporcións que denuncia o PP que ten este goberno da Deputación: moita política, moita propaganda e inxustiza á hora de repartir os recursos públicos”.
.