Isabel Rodríguez anunciou que os traballos comezaron hoxe no acceso ao areal de Rocas Brancas, no concello de Ribadeo, e para as próximas semanas hai previstas novas actuacións para recuperar as escaleiras da praia de Coto, no municipio de Barreiros, o acceso á praia de Arealonga, en Foz, e no espigón da praia da Marosa, en Burela.
A subdelegada indicou que estes traballos están incluídos no plan de conservación e mantemento do litoral e o seu custe estímase nuns 30.000 euros.
Rodríguez explicou que o obxectivo de Costas é ter acabadas as obras antes do comezo da próxima temporada estival.