Site icon Crónica3.com A Mariña

Continúan os actos de celebración do Día das Letras no centro sociosanitario de Foz

Foz, 18 de maio, 2021. A Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Foz continúa a convidar a todolos veciños, nesta ocasión os residentes e usuarios do centro sociosanitario do concello, a celebrar a publicación de Cantares Gallegos. Este ano celebramos o 158 aniversario da publicación desta obra. Co gallo do día de Rosalía no Concello de Foz en colaboración coa Fundación Penzol e a Biblioteca Pública Neira Vilas de Vigo, exhibimos as reproducións das portadas das distintas edicións internacionais de Cantares Gallegos. A partires do 17 de maio, a Concellería de Normalización Lingüística pon a disposición esta mostra para o uso restrinxido dos usuarios do Centro de día e residencia de Foz.

Asemade, os actos compleméntase coa exhibición no CENIMA dende o día 14 de maio ao 25 no CENIMA en horario de 9 a 14 e de 18 a 20 hs. da exposición que celebra o día adicado a Xela Arias: Aquela nena de Sarria, que inclúe fotografías facilitadas pola familia de Xela e unha serie de debuxos da pintora lucense Sabela Arias, que conforman un especial complemento ás fotografías que foron o punto de partida da autora para este traballo.

Exit mobile version