O rexedor explicou que “desde o Concello de Ribadeo, concretamente desde a Área de Economía e Desenvolvemento Local, estamos desenvolvendo por segundo ano esta iniciativa, que non é de competencia municipal pero que desde o Concello queremos apoiar a todas estas persoas que se teñen que presentar a estes exames de competencias clave. Aqueles que non sacaron os seus títulos no seu momento vital, cando eran estudantes novos, e que agora o necesitan por cuestións laborais. Entón hai unha serie de exames de carácter libre, cada ano en Silleda, e queríamos nosoutros desde o Concello de Ribadeo darlles unha formación previa, a modo dunhas clases particulares”.
E engadiu que “de aí que, con fondos puramente municipais, pagámoslles esta formación durante aproximadamente un mes, tres días á semana, para que poidan formarse dado que hai moita xente que hai moitos anos que non colle un libro, desde o punto de vista de estudo, para someterse a un exame. Polo tanto, é necesario que volvan coller este hábito e unha profesional como a que contratamos para este evento vai darlles toda a formación necesaria para que poidan someterse a esa proba e que poidan finalmente sacar ese título de competencias clave que, desde logo, vai contribuír considerablemente á mellora da empregabilidade e ao acceso á formación ocupacional ou mesmo ao emprego destas persoas desempregadas que a día de hoxe non contan con estudos da ESO e que polo