“A actividade deu a coñecer a figura de Xela Arias ás crianzas á vez que lles fixo descubrir unha forma divertida de facer poesía e na que acabaron creando a súa propia homenaxe á familia partindo da obra Darío a diario da autora sarriá”. sinala o concelleiro de dinamización, Daniel García.
A seguinte actividade será o vindeiro luns 17 de Maio co recital poético musical “Versos na baixamar” para o cal se pode reservar asistencia contactando coa Biblioteca Municipal (982 124 106) en horario de mañá.