Site icon Crónica3.com A Mariña

Certame de narración e debuxo do Concello de Cervo con motivo do Día das Letras Galegas

Cervo, 4 de maio, 2021. A edil de Educación, Dolores García Caramés, fíxolle chegar ao alumnado do centros escolares do municipio -CEIP de Cervo, CEIP Península da Paz E IES Marqués de Sargadelos- as bases do concurso convocado pola biblioteca municipal ilustradas nun marcapáxinas “co obxectivo tamén de incentivar o hábito da lectura”.

1.- Poden participar todos os/as nenos/as con:

A. Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema que se propón a continuación:
“O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural.”
Art. 31 Convención sobre os Dereitos do Neno.

B. Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4, sobre o tema que se propón a continuación:
“O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural.”
Art. 31 Convención sobre os Dereitos do Neno.

2.- Cada autor/a pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do/a autor/a.

3.- Establécense tres categorías:
A. ata 8 anos.
B. de 9 a 11 anos.
C. de 12 a 16 anos.

4.- O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 7 de maio, debendo ser entregados polos autores/as nas BIBLIOTECAS MUNICIPAIS.

5.- O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos.

6.- Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do certame convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

7.- O fallo do xurado local farase público antes do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Exit mobile version