Burela, 20 de maio de 2021. A concelleira de Mar e Servizos Sociais, Carmela López, acudiu ao acto de presentación de Tanza no campus de Ferrol, no que está incluído o proxecto Burela Inclusiva, que foi presentado ao Galp e no que se implica á Fundación Eu Son, á Asociación de axuda ao enfermo mental A Mariña, á Fundación Expomar e á asociación A Mariña Sen Plástico.
Carmela López explica que “o Concello en colaboración coa Federación de Confrarías de Pescadores de Lugo queremos poñer en marcha un proxecto de expresión artística para decorar o pobo e un obradoiro de artesanía feito con redes”.
Á presentación, que tivo lugar en Ferrol, asistiron tamén persoal directivo da Fundación Eu Son, da Asociación de axuda ao enfermo mental A Mariña, das redeiras e da Federación de Confrarías.