Burela, 17 de maio de 2021. O parque Rosalía de Castro acolleu este mediodía o acto de celebración do Día das Letras Galegas, organizado polo Concello burelés.
O alcalde, Alfredo Llano, contou que “fixemos un acto sinxelo para celebrar esta xornada. Inauguramos un cartel anunciador do parque Rosalía de Castro. Actuaron músicos-alumnos da Escola de Música de Burela e leu poesías de Xela Arias, a quen este ano se dedica o Día das Letras Galegas, o concelleiro de Cultura, José Díaz. Ademais a cronista oficial de Burela, Herminia Pernas, explicou a historia do parque Rosalía de Castro”.