A alcaldesa, Rocío López, anuncia que “a partir do vindeiro martes, sempre que a situación sanitaria se manteña estable, reabriranse tanto o ximnasio como a pista de pádel”.
@s soci@s do ximnasio poderán reanudar a súa actividade con reserva previa dende as 11 da mañá ata as 23 horas de luns a domingo e deberán asumir o protocolo coa normativa existente ata este momento. Para novas altas:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeAcx4M5OJ9GNTZTpSuGGwAAd1WbmRvYGz4_NEi-ohJltN36Q/viewform
A pista de pádel tamén volverá a funcionar a partir do vindeiro martes. Todos aqueles que queiran darse de alta para o uso da instalación poden facelo no enlace:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSef5ZpOM-9Z8ppijQS_zGOZFRwVaYXd91fAgucCm6wYOgFm2A/viewform
Para calquera dúbida os interesados poden contactar co Técnico de Deportes, Rubén G. Piñeiroa, no teléfono 610.91.66.96 ou no correo villaronte@gmail.com.