Ribadeo, 11 de maio de 2021. As gañadoras das xoias do Día da Nai, que sorteou Acisa Ribadeo, xa recolleron os seus premios.
As afortunadas foron: Lola Rodríguez, da parroquia ribadense da Devesa cunha rifa cuberta en Clun (Os Irmandiños), que levou unha gargantilla de Xoiería Azabache; Marta Cantón, de Bares (A Coruña) foi a afortunada á que lle tocou un conxunto de colgante e pendentes de Terra Branca por unha compra realizada tamén en Clun (Os Irmandiños); e Beatriz Núñez, de San Cibrao recibiu unha pulseira de Pratería Gutié por unha compra realizada en La Coqueta.
O presidente e o xerente de Acisa Ribadeo, Francisco Iriarte e Jesús Pérez, foron os encargados de entregar os premios ás gañadoras ás que felicitaron: “quisiéramos darle la enhorabuena a las premiadas, y las gracias a todos los clientes y clientas que compraron sus regalos en Ribadeo. Ellos y ellas son el motor de la economía ribadense”.