O deputado visitou a mostra de artesanía instalada na área recreativa da Veiga con 17 postos de venda, ademais de demostracións en directo e
obradoiros, organizados coa colaboración da área de Artesanía e Deseño.
As persoas asistentes tamén puideron desfrutar de xogos tradicionais,
actuacións musicais, representacións teatrais e unha actividade de
iniciación á astronomía cunha observación nocturna do ceo no Viveiró.