Castiñeira explica: “O PP no seu día pediu o expediente deste plan e, segundo resposta do goberno da Deputación, no existe ese expediente, non hai máis que declaracións de intencións, accións políticas. E isto parécenos moi grave. Por un lado, porque estamos dando falsas informacións ao tecido económico lucense, que o está a pasar mal; por outra parte, estase gastando en propaganda o que se debería dedicar ás propias accións de impulso da economía, o cal é o un mal uso do diñeiro público; se sempre hai que esixir unha boa xestión, máis aínda en época de crise. Non se pode enganar a aqueles que o están a pasar mal”.
Segundo sinala o portavoz popular, “en 15 días, o goberno da Deputación debe remitir á Valedora do Pobo a documentación que non foi capaz de darlle ao PP de Lugo e debe xustificar que eses sete millóns de euros recaen directamente en axudas á reactivación”. Engade: “Esperemos estar equivocados, pero é certo que, ata agora, coa documentación que nos facilitou o goberno da Deputación, entendemos que este é máis un plan de propaganda e autobombo que de reactivación da economía lucense”.