Este mércores o comité recibiu un correo da dirección da empresa confirmando que o goberno respondeu á última proposta realizada e comprometéndose a convocar unha nova xuntanza este venres 14, na que partillarán co comité o resultado do análise desa proposta. Á espera de poder seguir avanzando nas negociacións de venda á SEPI e poder valorar dende o comité o contido da comunicación, adiáse a reactivación da folga ata que os traballadorxs poidan tomar unha decisión sobre a mesma.