O acto celebrado este sábado diante da Torre de Caldaloba (Cospeito), reuniu a máis de un cento de persoas convocados por entidades da Terra Chá e de concellos limítrofes para exixiren que administración galega faga efectivas de inmediato as medidas que periodicamente vén prometendo para que o castelo de Vilaxoán ou Caldeloba pase a propiedade pública e leve a cabo a súa recuperación e posta en valor.