Site icon Crónica3.com A Mariña

Acisa e Ascove escenifican o reencontro de Galicia e Asturias tras o peche perimetral, e chaman aos veciños a recuperar a normalidade

Ribadeo, 20 de maio de 2021. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo e a Asociación de Comerciantes de Vegadeo escenificaron o rencontro de senllas comunidades (Galicia e Asturias), tras decaer o peche perimetral que mantivo separadas ás dúas localidades durante máis de 6 meses.

Representantes de Ascove desprazáronse a Ribadeo a gozar dun polbo á feira e unha xarra de Ribeiro e desde Acisa acudiron a Vegadeo a saborear unha fabada regada cunhas sidras.

O que senllas asociacións pretenden escenificar é o reencontro de dous pobos limítrofes, que levaban meses separados por un muro invisible.

Nas citas puxéronse en valor os lazos non só comerciais senón de irmandade, que unen a senllas localidades e comarcas. Os directivos e xerentes dos dous colectivos destacaron que “muchos teníamos amigos y familiares a los que no veíamos en meses viviendo a 15 minutos de distancia”.

No encontro destacaron o impacto económico que os peches perimetrais tiveron para senllas comarcas, o feito de que os veciños e veciñas da Mariña Oriental e os do Occidente de Asturias non puidesen facer a súa vida cotiá afectaba a moitos sectores, desde a hostalería ao comercio pasando ademais por moitas empresas do sector servizos. As directivas destacaron que “somos una comarca viva con mucho movimiento en un sentido y en otro, muchos son los vecinos de Ribadeo que trabajan en Asturias y de paso compran o toman algo y muchos son los vecinos de Asturias que acuden a compra, a tomar algo y también a trabajar a Ribadeo”.

Os representantes das asociacións fan un chamamento ás súas poboacións e aos veciños das comarcas ás que pertencen “para que recuperemos la normalidad y el tiempo perdido, volvamos a tomar las sidras con una buena fabada a Vegadeo, a Tapia, a Castropol y volvamos a Ribadeo, a Barreiros, a Foz, a disfrutar de un buen pulpo á feira con una jarra de Ribeiro…. Volvamos a comprar en las tiendas de siempre, lo que no encontramos en Vegadeo, lo habrá en Ribadeo y lo que no encontremos en Ribadeo lo habrá en Vegadeo. Hagamos comarca, restablezcamos lazos y así entre todos reactivaremos antes la economía de toda esta zona hermana”.

E aproveitaron a ocasión para lanzar unha mensaxe máis aló das fronteiras da comarca: “ahora que se celebra Fitur, es bueno recordar que tanto A Mariña como el Occidente de Asturias, son lugares excepcionales para visitar, sus costas, sus montañas, sus playas… en un radio de apenas 30 km de la ría quienes nos visiten podrán disfrutar de una gastronomía, una cultura, un comercio, un paisaje y unas tradiciones completamente diferentes y a la vez tremendamente similares gracias a esos vínculos que van más allá de la geografía y de las fronteras… gracias a esos vínculos de hermandad, de familia, y de amistad. A Mariña lucense y el Occidente asturiano son enclaves ideales para perderse en cualquier época del año”.

Exit mobile version