Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberta a convocatoria de prazas libres para asistir aos cursos de formación en dixitalización dirixido a empresas locais de Ribadeo

Ribadeo, 26 de maio de 2021. O Concello, dentro do programa de transformación dixital Reinicia Ribadeo, abre o prazo para anotarse aos cursos de formación práctica en materia de transformación dixital.
Trátase dunha formación presencial e grupal práctica, que abarcará as seguintes áreas de transformación dixital: visibilidade e posicionamento na rede, comercio electrónico, fidelización de clientes e sistemas de planificación de recursos (ERPS).

A formación terá lugar na aula CEMIT de luns a xoves ao longo durante o mes de xuño. A duración de cada curso será de 2,5 horas.

Desde a Área de Desenvolvemento Local explican que “a convocatoria está aberta ás persoas autónomas e micropemes asentadas en Ribadeo, con independencia da súa actividade e sen ningún custo económico. Aceptaranse solicitudes por orde de chegada ata acadar un total de 10 participantes por curso, segundo permiten os aforos actuais”. E subliñan que “con esta formación quérese dotar aos negocios locais das competencias dixitais precisas para impulsar a súa transformación dixital, mellorar a visibilidade na rede e facer uso das novas canles de comunicación e venda”.

Os cursos terán lugar na Aula CeMIT, sita na Casa da Xuventude.

Exit mobile version