As instalacións proxectadas afectarían numerosos espazos da Rede Natura 2000, sendo os máis próximos as Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA) de Fuentes del Narcea, Degaña e Ibias, a ZEPA de Muniellos, as Zonas Especiais de Conservación (ZEC) de Río del Oro e Negueira, que se encontran dentro da área de influencia de 5 km das futuras instalacións. De feito a máis próxima é a ZEC de Negueira que se localiza a só 49 m do aeroxerador V-09. Por outra banda, resulta chamativo que se obvia por completo o Plan de Recuperación do Oso Pardo aplicable na zona.
No propio proxecto faise referencia á fraxilidade da paisaxe que se vería afectada e recoñécese que a construción do parque eólico levará asociado un risco de erosión debido ó movemento de terras e que, paralelamente a presenza da liña de alta tensión e o funcionamento dos aeroxeradores aumentarán o risco de incendio. Tamén se mencionan efectos directos e indirectos sobre fauna, vexetación, e contaminación acústica e visual, entre outros.
Os desmontes necesarios para a súa montaxe desfarían por completo varias montañas, xa que os accesos non poden superar o 7% de desnivel, cando os existentes son superiores ó 14% e son varios metros máis estreitos do necesario. Polo tanto, a perda da cuberta vexetal sería alarmante e afectaría ó hábitat de especies protexidas como oso pardo, lobo, pita de monte, peto mediano, voitre leonado, falcón peregrino, aguia real, nóctulo grande, etc., e flora como sobreira, freixo de folla estreita e acivro. A maiores das mortes por colisión, a fragmentación do territorio que supón, comporta a problemática da deriva xenética, “efecto illa”, e extinción de ditas especies xa de por si ameazadas. Ademais, tamén tería efectos nocivos sobre a saúde debido ó ruído e ós campos electromagnéticos que se orixinan, e producirá cambios drásticos no clima da zona dependendo da orientación dos aeroxeneradores, interferencias na rede de comunicacións, contaminación lumínica nocturna e gran impacto socioeconómico (despoboación e desvaloración turística).
Por outra banda, o proxecto afectaría a patrimonio cultural que se atopa a menos de 10km dos aeroxeradores, incluíndo unha longa lista (Castro-Collada, Explotación de Villalaín, Petroglifos de Pena Colmea, Conjunto del Pozo de las Mujeres Muertas, Torre del Valledor, etc.) na que non aparecen enumerados os bens localizados en Negueira. Tamén, a liña de alta tensión proposta sobrevoa o Camiño de Santiago en tres puntos.
Finalmente, arguméntase un envellecemento da poboación que non se corresponde coa tendencia que se está a vivir no Concello de Negueira. Esta tendencia oposta pon de manifesto a especial valoración do medio natural e sensibilidade cara unha economía sostible que ten a poboación de Negueira e que posibilita que a mocidade poida vivir no medio rural sen poñer en perigo o futuro das xeracións vindeiras.
Listaxe de entidades que apoian a plataforma “Stop Eólicos Negueira”:
● Amigos da Terra
● Asamblea Moza d’Asturies
● ASÍ NON
● Asociación A Volta Grande do Courel
● Asociación Asturiana d’Amigos de la Naturaleza
● Asociación CORRIPA
● Asociación Cultural Casa Queipo
● Asociación de Estudios Ornitológicos del Bierzo “Tyto Alba”
● Asociación Española para la Conservación y Estudio de los Murciélagos (SECEMU)
● Asociación Galega de Apicultura (AGA)
● Asociación Herpetológica Española – AHE
● Asociación Monte Galego
● Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza (ADEGA)
● Asociación Xuvenil Mezá
● Club de Montañismo Montaña de Trevinca
● Concello de Negueira de Muñiz
● Consejería de Administración Autonómica, Medio Ambiente y Cambio Climático, Principado de Asturias
● Consellería de Medio Ambiente, Territorio y Vivienda, Xunta de Galicia
● CRYOSANABRIA
● Ecoloxistas en Acción Galiza
● ENXEÑEIRXS sen FRONTEIRAS
● Fundación MATRIX
● Fundación Oso Pardo – FOP
● GEOTRUPES
● LLOBU, Ecoturismo y Medio Ambiente
● Medioambiente En Asturias (MAEA)
● Morcegos de Galicia
● Patrimonio dos Ancares
● Plataforma Becerreá
● Plataforma para la defensa de la Cordillera Cantábrica
● Plataforma Salvemos O Iribio
● Rede ContraMINAción
● Rede de Decrecemento
● Rede Galega por Un Rural Vivo
● Rural Sostible
● SEO/BirdLife
● Sindicato Labrego Galego
● Sociedade galega de ornitoloxía
● Varios montes veciñais en man común da contorna
● WWF
● Xente do Rural