Site icon Crónica3.com A Mariña

A AC Francisco Lanza celebra as Letras Galegas cooperando na programación de Letras no Campo, a feira do libro de Ribadeo que terá lugar ata o 17 de maio e que organiza o Concello

Para esta fin, a Agrupación adiantou a colocación das faixas de Palabras no Balcón, pois normalmente facíao xa entrado o verán. Por iso, desde o mércores xa locen en 15 varandas de Ribadeo outros tantos poemas de Xela Arias, a autora que este ano se homenaxea. Por outra banda, xa o propio día 17, repartiranse entre as librarías caraveis vermellos para que agasallen as persoas que merquen libros en galego.

Exit mobile version