Dende hai uns anos vimos sufrindo cada vez máis o desleixo municipal en todo o relacionado con reparar os estragos que xorden no mobiliario urbán e mesmo pequenas obras, que no lugar de ser acometidas solucionanse coa colocación duns fermosos valados metálicos amarelos.
Chegamos a tal nivel de desidia que nos atopamos con situacións que rozan o surrealismo, como ocorre nos antigos xardíns Noriega Varela de Viveiro, agora reformados en pedra e cemento, donde os valados colocados xa hai anos vanse mimetizando na contorna coa ferruxe decorativa que evidencia o moito tempo que alí levan.
É incrible que un concello turístico como o de Viveiro, teña esta zona da cidade tan sumamente sumida na miseria. Xa sei que si preguntamos dirannos cheos de razón que o problema é de Costas e que o Concello nada pode facer… Unha disculpa xa coñecida pola veciñanza dado o moito que a sacan, pero que de nada serve para amañar a situación que os Xardíns veñen padecendo de hai anos.
Non só neste sitio emblemático podemos ver valados, e así un día dando un paseo pola vila puiden contar mais de 10 lugares clausurados, taponados ou pechados por eles. Para facernos unha idea, máis de 100 valados pechan accesos na contorna do casco histórico de Viveiro, e de seguro que non as contei todas.
Para facer un resumo e integrar o desleixo, aí vai a lista provisional de zonas valadas polo Concello de Viveiro que levan tempo en varios puntos do concello: Paseo maritimo á altura dos xardins de Viveiro, Centro Comarcal da Mariña Occidental, Ponte do barrio de Xunqueira ao lado do Convento de Valdeflores, Ponte de Xunqueira abaixo da Carrapota, Praia das Sirenas (outro paso cortado a unha praia emblemática), campo da festa de Xunqueira, casa do gardamuelles, casa rectoral na praza de Santa María…
Quizáis chegados a este punto, habería que pedir unha partida orzamentaría nos presupostos municipais para a compra e reposición de valados amarelos, para “mantemendo” da vila e así non necesitaríamos nin man de obra cualificada nin grandes presupostos, e quizais algún cazatalentos vexa a Viveiro como un gran lugar para facer o mundial de atletismo.