Viveiro, 29 de abril de 2021. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, solicitou á Xunta de Galicia a reanudación do Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).
Grazas a un acordo entre a administración local e o SMAC de Lugo, o servizo préstase un día á semana en Viveiro. O concello facilita medios materiais e persoal administrativo para elo.
A prestación deste servizo quedou interrompido dende o inicio da pandemia, pero tendo en conta a situación actual e considerando que se trata dun servizo necesario para Viveiro, o concello remitiu o escrito referido, ao que se contestou dende a Xefatura Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade indicando que se preve a súa reanudación en canto as circunstancias actuais o fagan aconsellable.
“Dende o concello estaremos pendentes para que a reanudación poida realizarse o antes posible, con todos os protocolos Covid-19 pero tendo en conta que falamos dun servizo moi necesario”, engade a alcaldesa de Viveiro.