O obxecto deste convenio é establecer o marco para dar continuidade á execución de forma coordinada deste programa no 2021.
O convenio establece os mecanismos adecuados para asegurar unha maior participación, coordinación de investimentos, actuacións e intercambio de información entre as partes asinantes, coa finalidade de garantir a realización das actuacións necesarias que permitan a contención e seguimento da vespa velutina, tendo en conta que este insecto afecta principalmente á produción apícola e que tamén ten repercusións sobre a biodiversidade e a seguridade cidadá.
A maiores de asinar a adhesión a este convenio, o Concello de Viveiro contratou coa empresa especializada SERPA o servizo de trampeo profesional e a retirada de niños.
O trampeo profesional consiste na acción de instalar trampas geolocalizadas cuns atraentes especiais para capturar nos meses primaverais raíñas fundadoras de niños, que tras o seu letargo invernal comezan de novo o seu ciclo. Estas accións estanse a desenvolver entre os meses de marzo e xuño, colocando cada quincena un total de 200 trampas.
Este é o terceiro ano que o concello realiza esta acción de trampeo. En 2020 colocáronse un total de 2.157 trampas, dando lugar á captura de 7.335 vespas raíña e zanganera (os dous tipos de avespas teñen a capacidade de iniciar niños pois hibernan xuntas).
Dende o concello agárdase que o trampeo profesional deste 2021 continúe minimizando a aparición de niños de velutina.