Burela, 15 de abril, 2021. O vindeiro sábado, 17 de abril ás 18:30 horas, no Auditorio da Casa da Cultura de Burela, a Cía. Galitoon presentará o seu último espectáculo, dirixido ao público Infantíl – Familiar, “The Show Moscón”.
Galitoon é unha empresa galega de televisión, teatro e espectáculos que fusiona técnicas e medios nunha constante experimentación por atopar un selo propio e un modelo creativo de negocios baseado en contidos intelixentes.
Entre os seus traballos en televisión destaca O galo Cecilio de Supermartes, as vacas Pinta e Marela de Luar ou o programa Cousiñas.
Son parte dos seus Espectáculos tres edicións das Festas e Encontros dos Axóuxeres, no ano 2008, 2009, e 2010, para a Xunta de Galicia así como a creación e fabricación da mascota oficial de FNAC España.
No eido teatral cómpre citar a varias veces premiada Golulá, así como Babiliglub, Rosalía, a pulga que escribía, Botazz, o swing do Jazz, Güela-Güela, Facendo o Indio ou The Show Moscón.
Tras case 15 anos producindo espectáculos con títeres, Galitoon presenta a súa nova obra como homenaxe ás distintas escolas e técnicas de manipulación, aprendidas ao longo destes anos e utilizadas nos seus distintos traballos de teatro e televisión.
“The Show Moscón” é un Circo de títeres ambulante de “varietés”, presentado por un moscón gordo .Un marabilloso circo, representado por un armario que abre as súas portas para mostrarnos os diferentes números que ten dentro.
Dentro do armario, podemos gozar de Divas da canción, absurdos números musicais, arrepiantes Magos e Mentalistas, incribles bebés funanbulistas, fascinates números de Danza e un monton de humor …
Este acto da Delegación Municipal de Cultura, conta co patrocinio da AGADIC e da Rede de Teatros e Auditorios de Galicia.
A entrada, en billeteira, a partir dás 18:00 horas, ao prezo de 2,5 euros.