Site icon Crónica3.com A Mariña

Telemedicina para o rural de Mondoñedo

Mondoñedo, 17 de abril, 2021. O vindeiro martes día 20 de abril do 2021, ás 19:30h, terá lugar no Pazo Santomé na rúa Julia Pardo de Mondoñedo, a presentación dun proxecto de Telemedicina en Entornos Rurais.

Trátase da presentación dun estudo académico sobre telemedicina que se vai a levar a cabo en Mondoñedo na vindeira semana acerca de usos da medicina a través de sistemas móbiles en áreas rurais.

Presentaranse as vantaxes e usos da telemedicina en problemas cotiás.

Na presentación do estudo participarán: D. José Ramón Saura, D. Felipe Debasa e D. Roberto Reigosa.

Organiza: Universidade Rey Juan Carlos e Concello de Mondoñedo

O acto ten prazas limitadas, polo que é preciso apuntarse na Oficina de Turismo durante a fin de semana ou o martes ao longo de todo o día (teléfono 982 50 71 77).

A actividade realizarase contemplando as medidas anti-covid 19 vixentes no momento actual.

Exit mobile version